Anacos

Un lugar onde nacen ideas, proxectos e emocións.

¿Qué é Anacos?

Anacos é unha forma de entender a educación, a cultura e o social.
En Anacos conviven persoas de todas as idades, dende crianzas que veñen a reforzo escolar ata persoas adultas que participan en actividades de memoria ou ximnasia suave.

Anacos é a casa da nosa Escola de Tempo Libre, onde medran futuras monitoras e monitores de tempo libre, de comedor escolar, de animación, etc. Unha formación con alma, con metodoloxía participativa e con perspectiva de xénero, onde cada actividade leva un anaquiño da nosa cultura galega e dos valores que nos representan.

Anacos tamén é ese lugar onde se cocen novos proxectos. Aquí nacen propostas para concellos, centros educativos, CIMs, AMPAs ou asociacións: proxectos que unen o social, o educativo e o cultural.

Traballamos moitas áreas, pero hai fíos que sempre nos acompañan, como a cultura galega, a igualdade ou o tempo libre como ferramenta educativa. De aí xorden campamentos, programas de conciliación, actividades escolares, madrugas e moitas máis experiencias que fan medrar ás persoas dende o xogo e o respecto.

Tamén acompañamos aos centros educativos con formacións para o profesorado, as familias e o alumnado, reflexionando sobre a igualdade, a convivencia, o coidado emocional e moito máis.

Anacos é un lugar onde se tecen proxectos con corazón, onde cada peza suma e onde o noso compromiso coa educación, a cultura e a igualdade segue máis vivo ca nunca.

Os nosos cursos

Carrito de compra
0
    0
    O teu carriño
    O carriño está baleiroVolver á tenda
    Scroll al inicio
    Ir al contenido