En Anacos ampliamos a nosa proposta educativa e sociocultural con iniciativas pensadas para dar resposta ás diferentes necesidades de entidades, centros e colectivos. Deseñamos e desenvolvemos proxectos adaptados a cada contexto, nos que a participación activa, a creatividade e o aprendizaxe significativo son elementos fundamentais.

Traballamos desde unha perspectiva dinámica, inclusiva e comprometida coa contorna, promovendo experiencias que favorezan a convivencia, o desenvolvemento persoal e o traballo en equipo.

Mantemos a nosa identidade como eixo central de todas as propostas, apostando polo galego como lingua vehicular e como ferramenta de comunicación, expresión e conexión coa comunidade.

Animacións de eventos

Servizo de animación con monitorado especializado para eventos culturais, festivos ou institucionais. Desenvolvemos xogos, dinámicas, obradoiros e propostas adaptadas a cada celebración, garantindo participación e diversión.

Campamentos

Programas de lecer educativo baseados na participación, a creatividade e a educación en valores. Deseñamos e dinamizamos campamentos con propostas integrais que combinan diversión, aprendizaxe e convivencia.

Concilia

Programa de actividades educativas e lúdicas orientadas a facilitar a conciliación da vida familiar, laboral e social. Ofrecemos propostas dinámicas con contidos educativos e creativos que complementan o proceso formativo das nenas e nenos, garantindo un espazo seguro, participativo e enriquecedor.

Creación de proxectos

Creación e desenvolvemento de proxectos personalizados adaptados ás necesidades de cada entidade. Traballamos con propostas vivas, con sentido e coherentes cos obxectivos marcados, mantendo sempre o noso xeito de facer: próximo, dinámico e comprometido.

Excursións

Planificamos e acompañamos saídas educativas que fomentan o descubrimento, a convivencia e a aprendizaxe a través da experiencia directa. Adaptamos cada proposta ao grupo, garantindo unha actividade organizada, participativa e chea de contido.

Proxectos europeos

Deseño e execución de proxectos xuvenís e educativos no marco de programas europeos como Erasmus+. Impulsamos intercambios culturais, experiencias formativas e iniciativas que fomentan a participación, a cooperación e a dimensión internacional.

Proxectos socioculturais

Deseño e execución de proxectos socioculturais centrados na xestión emocional e na educación ambiental, con propostas participativas adaptadas a cada contexto e orientadas a xerar impacto positivo na comunidade.
Carrito de compra
0
0
O teu carriño
O carriño está baleiroVolver á tenda
Scroll al inicio
Ir al contenido