Un anaco é unha parte de algo
As persoas estamos cheas de anacos de vivencias, experiencias, emocións, coñecementos, habilidades, relacións, recordos… Por iso cada parte é fundamental para comprender e coidar o total.
Nós queremos darlle importancia a cada pequeno anaco de ti, construíndo e sumando desde a riqueza da diversidade.
anacos socioeducativos
…é unha empresa nada no 2014 en Vedra. Xorde co anaco dunha persoa formada no eido do Traballo Social e o tempo libre. Unha vez posta en marcha, aplícalle o plural, Anacos, coa suma de outras persoas con formación do ámbito educativo. Elaboramos proxectos socioeducativos e culturais coa finalidade de dinamizar a realidade sociocomunitaria e favorecer unha actitude integradora, creativa e lúdica, sementando con ela valores baseados na inclusión e na igualdade. En cada proxecto desenvolveremos obxectivos específicos, pero sempre mantendo unha liña común de intervención, que será determinante para o noso xeito de facer e creando con ela o noso selo de identidade.
quen o forma?
Anacos é un conxunto de persoas que comparten unha filosofía de vida e un xeito de facer no eido do tempo libre e a dinamización cultural. Persoas amantes do xogo como recurso, da cultura como parte do noso propio ser e da inclusión como palabra abandeirada. Medramos en cada proxecto e na actualidade esta equipa fórmana persoas con nome propio:
Chío
"Para min Anacos é a miña creación máis valiosa. Un xeito e unha forma de vida. A satisfacción de poder executar proxectos de forma profesional que comparten totalmente o meu xeito de entender a realidade. A satisfacción de poder irme á casa coa sensación de compartir un anaco de min con outras persoas."
Traballadora social, monitora e directora de tempo libre, directora de campos de traballo, especializada en igualdade de xénero, activista en múltiples eidos asociativos, pandereteira de gorxa e alma. Defínenme como intensa e defensora de causas, para min, posibles.
Andrea
"Para min anacos é poder camiñar sempre cara adiante sen medo a caer por moi fina que sexa a liña na que nos apoiamos e superando os medos cun sorriso na cara."
Pedagoga, monitora e directora de tempo libre, especializada no eido da Educación Secundaria Obrigatoria.
Se me define alguén que non sexa eu, diría que Andrea é intensa, rápida e bulebule por natureza.
Se me teño que definir eu, diría que intento achegar positividade en todo no que me meto, porque cando me involucro en algo fágoo dos pés á cabeza; así son eu.
Estela
"Para min, Anacos representa futuro. É unha oportunidade de cambio, de mellora, de transformación social e persoal. Anacos é sororidade, compañeirismo e compromiso. Un símil moi acertado sería como o de rememorar un recordo co cal te sentes segura, plena, orgullosa e feliz. Anacos é camiñar, proxectando ideais e perspectivas de vida diferentes, pero válidas en todos os aspectos. Anacos é futuro, e o futuro seméntase, coídase e, ao final, sempre florece."
Educadora social, técnica superior en Animación Sociocultural, monitora de tempo libre e proxecto de profesional no ámbito das políticas sociais e da intervención sociocomunitaria. Revolucionaria, rabuda, feminista e comprometida con aquilo no que creo. Son autocrítica e sempre levo o humor por bandeira.