“Non hai barreira, pechadura nin ferrollo que poidas impor á liberdade da miña mente.”

Virginia Woolf

Igualdade de xénero

A igualdade é un principio que recoñece os mesmos dereitos, responsabilidades e oportunidades para todas as persoas. En Anacos entendémola como unha meta a acadar e como unha perspectiva de traballo transversal que guía todos os nosos quefaceres.

Somos conscientes de que a desigualdade de xénero continúa presente en moitos eidos da nosa vida. Por iso, consideramos necesario abordala tamén de maneira directa a través de propostas específicas no ámbito non formal e socioeducativo.

As actividades que se desenvolven nesta área son múltiples e diversas, dirixidas ao conxunto da poboación e adaptadas ás distintas etapas da vida, infancia, adolescencia, adultez e persoas maiores, así como a colectivos e entidades como ANPAS, CIM, concellos, entre outras.

Os nosos proxectos procuran dar resposta ás necesidades detectadas dende o noso activismo persoal e profesional, mantendo sempre a capacidade de adaptación ás demandas específicas de cada grupo.

8m en centros de ensino

Igualarte

IGUALARTE é un proxecto educativo que promove a igualdade a través da deconstrución de modelos e estereotipos que sustentan a desigualdade. Traballa coa infancia para fomentar a conciencia crítica e construír unha sociedade máis xusta e equitativa.
Dirixido a 1º, 2º e 3º de Primaria

Encaixando as pezas

ENCAIXANDO AS PEZAS é un proxecto de educación afectivo-sexual que promove o bo trato, o respecto á diversidade e a ampliación de coñecementos arredor do xénero, o sexo e a igualdade.
Dirixido a 4º, 5º e 6º de Primaria e Secundaria

Xogo de Escape: machismos invisibilizados

MACHISMOS INVISIBILIZADOS é un xogo de inxenio no que o alumnado deberá superar retos e abrir caixas con cadeados para descubrir os machismos agochados en diferentes ámbitos da vida cotiá. A través desta dinámica, identifícanse condutas que perpetúan situacións de desigualdade por razón de sexo ou xénero.
Dirixido a Primaria e Secundaria

Sexamos conscientes

SEXAMOS CONSCIENTES promove a reflexión sobre a realidade social e a necesidade de avanzar cara á igualdade de dereitos. A través do pensamento crítico, o alumnado toma conciencia da importancia de mudar comportamentos que perpetúan desigualdades.
Dirixido a Secundaria

Iguais e reais

AUTOESTIMA E RESPECTO é unha sesión dirixida a Secundaria para traballar a perspectiva de xénero, reflexionando sobre a importancia de non cosificar e de aceptarnos tal e como somos
Dirixido a Secundaria

Festexando a igualdade

XINCANA POLA IGUALDADE é un gran xogo dinámico no que, a través de probas e retos, tomamos conciencia dos avances e logros do feminismo, implicando á comunidade educativa no seu conxunto.

Tamén para centros de ensino

Mulleres que contan

MULLERES QUE CONTAN é unha actividade de microescenas nas que se representan mulleres que fixeron e fan historia, convidando ao alumnado a descubrir quen son e a reflexionar sobre o seu legado.

Escape feminista

ESCAPE FEMINISTA é un gran xogo de escape con perspectiva de xénero no que o alumnado deberá superar retos e liberar candados mentres realiza un percorrido pola historia do feminismo.

Seguridade violeta

SEGURIDADE VIOLETA son sesións dirixidas a Educación Secundaria para traballar a detección de violencias machistas e fomentar a construción de relacións baseadas no respecto e na igualdade.

Non me chames princesa

NON ME CHAMES PRINCESA son sesións dirixidas a Primaria para traballar os estereotipos de xénero e deconstruír comportamentos que reproducen machismos invisibilizados.

Bo trato

BO TRATO promove entre a mocidade a prevención da violencia de xénero e a construción de relacións afectivas saudables e igualitarias.

Sexamos conscientes

SEXAMOS CONSCIENTES é un proxecto socioeducativo dirixido ao alumnado de Educación Secundaria que aborda as desigualdades cotiás presentes en ámbitos como o deporte, o traballo, o lecer ou o fogar.

Na rúa

Feminismos a pé de rúa

FEMINISMOS A PÉ DE RÚA é un posto interactivo no espazo público que busca detectar machismos invisibilizados e xerar conciencia no conxunto da poboación, complementado cun obradoiro de creación da túa propia chapa reivindicativa.

Camiño da igualdade

CAMIÑO DA IGUALDADE é unha andaina que ten como obxectivo visibilizar mulleres de onte e de hoxe a través dun roteiro con carteis que fomentan a reflexión e a conversa colectiva.

fagámolas visibles

FAGÁMOLAS VISIBLES é un posto divulgativo que busca visibilizar as violencias machistas e os machismos invisibilizados presentes na sociedade, incorporando un photocall polo bo trato como espazo participativo de reflexión e compromiso.

as rúas tamén son nosas

AS RÚAS TAMÉN SON NOSAS é unha andaina urbana que promove o (re)apropiamento dos espazos públicos, traballando diferentes temáticas arredor da igualdade a través dun percorrido sinalizado con paneis informativos. Durante a actividade reflexionamos sobre o uso do espazo público e achegamos datos obxectivos e fontes que contextualizan a realidade tratada.

igualdade express

IGUALDADE EXPRESS é unha gran xincana que propón un percorrido polo entorno —vila, cidade ou aldea— a través de probas e retos que buscan crear conciencia e visibilizar a importancia dunha sociedade máis igualitaria.
Carrito de compra
0
0
O teu carriño
O carriño está baleiroVolver á tenda
Scroll al inicio
Ir al contenido