“Non hai barreira, pechadura nin ferrollo que poidas impor á liberdade da miña mente.”
Virginia Woolf
Igualdade de xénero
A igualdade é un principio que recoñece os mesmos dereitos, responsabilidades e oportunidades para todas as persoas. En Anacos entendémola como unha meta a acadar e como unha perspectiva de traballo transversal que guía todos os nosos quefaceres.
Somos conscientes de que a desigualdade de xénero continúa presente en moitos eidos da nosa vida. Por iso, consideramos necesario abordala tamén de maneira directa a través de propostas específicas no ámbito non formal e socioeducativo.
As actividades que se desenvolven nesta área son múltiples e diversas, dirixidas ao conxunto da poboación e adaptadas ás distintas etapas da vida, infancia, adolescencia, adultez e persoas maiores, así como a colectivos e entidades como ANPAS, CIM, concellos, entre outras.
Os nosos proxectos procuran dar resposta ás necesidades detectadas dende o noso activismo persoal e profesional, mantendo sempre a capacidade de adaptación ás demandas específicas de cada grupo.
8m en centros de ensino
Igualarte
Dirixido a 1º, 2º e 3º de Primaria
Encaixando as pezas
Dirixido a 4º, 5º e 6º de Primaria e Secundaria
Xogo de Escape: machismos invisibilizados
Dirixido a Primaria e Secundaria
Sexamos conscientes
Dirixido a Secundaria
Iguais e reais
Dirixido a Secundaria